PROXECTO: “Portos sostibles: actuación, prevención e concienciación en medio ambiente mariño” GLP6 -151

A posta en marcha deste proxecto financiouse  polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da Unión Europea (FEMP), co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro GALP6.

A implantación e execución deste proxecto, que se desenrolará plurianualmente entre os anos 2020 e 2021, permitindo dispor de unha plataforma de loita contra o lumes e contaminación mariña ,así como un punto limpo,  a concienciación das novas xeracións en medio ambiente e unha mellora das instalacións en temas de seguridade e eficiencia enerxética.

Obxectivos xerais do proxecto:

  • Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
  • Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
  • Plantexar un enfoque da protección do medio ambiente, como medida de conservación dos recursos naturais, que xere emprego e cohesión territorial.
  • Potenciar as actividades que preserven o patrimonio cultural e paisaxístico (recollida e limpeza de désechos mariños Mellora ambientais, e concienciación no ámbito litoral
  • Desenvolver un enfoque sostible mediante a aplicación de medidas que favorezan a protección do medio ambiente e a mellora do cambio climático.
  • Promover a concienciación ecolóxica e ambiental e aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas costeiras
  • Xerar un emprego mais estable de maior calidade os traballadores do Club.
  • Conxugar e utilizar as sinerxías xeradas entre este proxecto e o resto de actividades do Club.

 

As accións levadas a cabo para a consecución do proxecto son:

  • Actividade 1: dispoñer dunha instalación de medios de preservación do litoral costeiro, mediante unha plataforma onde se instalará un equipo contra incendios mariño móbil, un equipo móbil de recollida de augas grises e negras de embarcacións, un contedor con material contra contaminación mariña, e outra con tres contedores de lixo selectivo. Isto contribuirá reducir os custes, e permitindo poder atallar posibles accidentes ambientais, unha maior seguridade do entorno mariño e unha rápida resposta en caso de algunha catástrofe, así como dispoñer de ferramentas de loita contra a contaminación e lume marítimos.
  • Actividade 2: a formación, divulgación e información de boas practicas en medio ambiente, e fomentar dun xeito transversal a concienciación no respecto a medio ambiente mediante a impartición de un módulo en boas practicas medio ambientais nos cursos que o Club imparte durante os meses de xullo e agosto de 2020. Realízanse un curso por semana.
  • Actividade 3: a concienciación en temas de boas practicas medio ambientais, e  o aforro enerxético mediante a divulgación e información con paneis informativos de consellos de consumo responsable nas instalacións flotantes, instalación de luminarias de aforro de enerxía e elementos de seguridade marítima, coa instalación de poste con focos led con sensor de movemento, carteis indicadores de consumo responsable de auga e enerxía e colocación de elementos de aros salvavidas e extintores. Permitirá concienciar nas boas practicas os usuarios (preto de 2.000 no verán), así como reducir a pegada ecolóxica e mellor eficiencia enerxética.

O importe total da axuda obtida para a posta en marcha do proxecto por parte das institucións citadas anteriormente ascende a 17.782,89 euros.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest