|
Situación do Club
Entradas na Ría
RÍA DE MARÍN - PONTEVEDRA
Ábrese nunha distancia de dúas millas e media entre Punta Cabicastro e Cabo Udra, aberta ó oeste pero cunha barreira formada polas Illas de Ons e Onza.
A ría esténdese 7,5 millas en dirección Nordeste, con fáciles accesos, limpa e con varios portos e fondeadoiros.
Paso do NW. polo Canal de A Faxilda
O Canal da Faxilda encóntrase entre o baixo Faxilda e o Picamillo, con sondas entre 11,5 e 15m. A baliza de Picamillo e a boia da Faxilda de día e as súas luces durante a noite facilitarán a navegación por este paso. Para tomalo con seguridade débese leva-la enfilación de Punta Cabicastro e o Monte Domaio ó 124º. Ó estar sobre o paralelo do extremo norte das Ons debese caer ó sur para evita-lo baixo Laxe Montalvo. Pódese navegar moi próximo a Picamillo deixando a baliza ó Oeste.
PASO DO CANAL DOS CAMOUCOS
Entre a Illa de Ons e o baixo do mesmo nome. Para tomar este paso non hai ningún inconveniente coidando de dar un resgardo de 200m. á Illa de Ons axudándonos para o paso a baliza dos Camoucos. Máis ó Sur da praia de Melide debe darse un resgardo de 400m. á costa da illa polo E.
PASO POLO CAMOUCO E PICAMILLO
Entre as torres do Camouco e Picamillo esténdense os Baixos dos Camoucos, Laxe dos Rábalos e Lombo da Besta; entre estes dous está o paso da Carreira Falsa, de 200m. de anchura. Este paso é practicable con fondos de máis de 3,5m., salvo unha pedra de vela moi próxima ó E. da Torre do Camouco.
A navegación por este paso é difícil se non se coñece ben, debendo tomarse unicamente en moi boas condicións de mar.
PASO ENTRE ONS E ONZA
Este paso só debe tomarse en condicións de necesidade, debéndose pasar máis pegado á costa norte da Onza dándose un resgardo de 200m., para salva-lo baixo da Loba ó Sur. de Ons.
|