nautico portonovo
galego  español  english
portonovo

        Rúa Rafael Picó, 44
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)
       Tel. +34 986 723 266
       FAX +34 986 724 175
       e-mail
       Porto Deportivo
       Muelle del Chasco s/n
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)

O Club Situación do Club Colaboradores Servizos do Club Actividades Novas Regatas Amarres Embarcacións Ocasión Lexislación-Apuntes Galería fotográfica Tenda Enlaces Web-Cam O Tempo

Situación do Club

Portos

Dentro da Ría poden tomarse os portos de Portonovo, Sanxenxo, Raxó, Combarro, Pontevedra, Marín, Aguete e Bueu.

FONDEADOIROS

Toda a Ría, excepto as puntas, é asequible para fondear, sendo os lugares máis aptos Marín, Bueu e Sanxenxo.

Portos

COSTA NORTE DA RÍA

Desde Punta Cabicastro a costa vai en dirección N. ata a Praia de Caneliñas, que se estende 400m. ó W., volvendo a costa cara ó S. ata Punta de Seame. A 200m. dela encóntrase o Baixo O Travestiño, ó WNW da punta.
Desde aquí a costa diríxese novamente cara ó N. recurvando cara ó NE ata a enseada de Portonovo, precedida dunha pequena enseada, a de Caneliñas, e dun acantilado duns 400m. de lonxitude.


PORTO DE PORTONOVO

Este porto pesqueiro está na enseada de Ribeiriña, composto por dous diques que parten da costa. O dique máis ó S. ten duas aliñacións con aproximadamente 200m de lonxitude. A liña de atraque interior ten unha rampla e peirao de atraque. O peirao N. ten 150m de lonxitude e posúe escalas para embarcacións menores. O Porto de Portonovo ten moito movemento de embarcacións pesqueiras.
Desde Punta Bicaño a costa segue cara ó N. recurvándose cara ó E. para formar unha enseada, a de Sanxenxo, coa Praia de Silgar ó fondo, que ten no seu extremo oriental o arrecife do Puntal.

 

o
inf
(c) 2007, Club Náutico Portonovo :: Todos os dereitos reservados
 


caixanova

gadis

chicolino

rodman

Casino La Toja

galatea