|
Club's location
Illas de Ons e Onza
Case toda a Illa de Ons é escarpada e con arrecifes perigosos, polo que debe árselle un bo resgardo polo W. e algo menos polo E. Na costa W. está a Enseada de Canibeliñas, ampla e que protexe dos ventos do NE. No S., ente os Cabos da Egua e Fedorenteo hai outro bo fondeadeiro con praia. Na súa costa E. existe un pequeno peirao balizado cunha luz. Ó S. de Punta Melide está a praia do mesmo nome, que é a maior da illa.
A Illa de Onza é toda ela escarpada e perigosa, sendo só abordable por unha enseada ó S. da Illa chamada Porto do Sol.
Por toda a costa das illas as embarcacións deben tomar precaución dentro do veril de 5m., pola multitude de pedras que velan.
|