nautico portonovo
galego  español  english
portonovo

        Rúa Rafael Picó, 44
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)
       Tel. +34 986 723 266
       FAX +34 986 724 175
       e-mail
       Porto Deportivo
       Muelle del Chasco s/n
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)

O Club Situación do Club Colaboradores Servizos do Club Actividades Novas Regatas Amarres Embarcacións Ocasión Lexislación-Apuntes Galería fotográfica Tenda Enlaces Web-Cam O Tempo

Novas do Club Náutico Portonovo


O Porto deportivo contará cun edificio máis amplo e con máis servizos

(19/11/2009) 
A reforma que comezará a partir do 16 de novembro, conlevará unha ampliación do edifico existente. Con restaurante, unha pequena cafetería, así como unha mellor distribución das dependencias que actualmente existen: independencia de sala de caldeiras, da lavandería, ampliación de vestuarios, etc.

Por outro lado non so se mellora o edificio e os servicios que se poidan prestar nel, farase unha actuación no muelle do Chasco coa colocación dunha pasarela de madeira peonil e pública o longo de todo o dique, polo lado da praia, permitindo que a xente poida pasar ata a punta con máis facilidade e continuando a xa existente ata a praia de Baltar.

As obras darán comezo a partir do 16 de novembro, data na que deixará de funcionar provisionalmente o edificio do porto. Como consecuencia disto prestarase servicio na nosa sede social na rua Rafael Picó 44 1º (edificio da Cofradía). As obras calculase que durarán ata o mes de juño.

O servicio de marinería manterase como ata agora, pero coa colocación dunha caseta no borde do muelle do Chasco.

A consecuencia de todo isto será que dende mediados de novembro e ata o mes de juño, pechase o muelle do Chasco por motivos de seguridade, prohibindo a entrada de vehículos, habilitando unha zona de paso para que a xente poida acceder os pantalanes. Isto pode supoñer unha incomodidade, pero será temporal e o final disporemos dunhas instalacions cómodas e con máis servicios.

o
inf
(c) 2007, Club Náutico Portonovo :: Todos os dereitos reservados
 


caixanova

gadis

chicolino

rodman

Casino La Toja

galatea