nautico portonovo
galego  español  english
portonovo

        Rúa Rafael Picó, 44
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)
       Tel. +34 986 723 266
       FAX +34 986 724 175
       e-mail
       Porto Deportivo
       Muelle del Chasco s/n
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)

O Club Situación do Club Colaboradores Servizos do Club Actividades Novas Regatas Amarres Embarcacións Ocasión Lexislación-Apuntes Galería fotográfica Tenda Enlaces Web-Cam O Tempo

Novas do Club Náutico Portonovo


O pasado sábado, 25 de outubro tivo lugar a entrega de trofeos do XXI Campionato Galego de Fotografía submarina.

ENTREGA DE TROFEOS DO XXI CAMPIONATO GALEGO DE FOTOGRAFÍA SUBMARINA

(10/11/2008) 
O día 25 de outubro, no Auditorio Municipal de Bueu, tivo lugar a partir das 19:00 horas, a entrega dos trofeos do Circuito de Fotografía Submarina de Galicia. En dito acto procedeuse á entrega dos trofeos ós gañadores do I Trofeo Deputación de Pontevedra, organizado polo Clube Buceo Ons; o Trofeo Vila de Vilagarcia, organizado polo Clube Arousa Sub e en XXI Campionato galego de Fotosub, organizado polo Clube Náutico de Portonovo.

O acto comenzou cunhas palabras do Delegado de fotografía da Federación Galega de Actividades Subacuaticas, Don Manuel Montesinos, sendo proxectado a continuación as mellores fotos dos primeiros cinco clasificados en cada campionato.

Á entrega de trofeos acudiron o Presidente do Club Arousa Sub, Silverio Bouzas; o presidente do Club Buceo Ons, Rafael Gutiérrez; o Presidente e comodoro do Club Náutico de Portonovo, Don Javier Ruiz de Cortazar Díaz e Don José Luis Pérez Sobral; o representante do Concello de Bueu, Don Manuel Rodríguez; o Delegado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Don Enrique Sotelo; o Secretario da Federación galega de Actividades Subacuaticas, Don Antonio Saa e o Presidente Don José Serna Lago.

Unha vez entregados os trofeos procedeuse a servir un viño ós presentes.

o
inf
(c) 2007, Club Náutico Portonovo :: Todos os dereitos reservados
 


caixanova

gadis

chicolino

rodman

Casino La Toja

galatea