nautico portonovo
galego  español  english
portonovo

        Rúa Rafael Picó, 44
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)
       Tel. +34 986 723 266
       FAX +34 986 724 175
       e-mail
       Porto Deportivo
       Muelle del Chasco s/n
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)

O Club Situación do Club Colaboradores Servizos do Club Actividades Novas Regatas Amarres Embarcacións Ocasión Lexislación-Apuntes Galería fotográfica Tenda Enlaces Web-Cam O Tempo

Novas do Club Náutico Portonovo


A proba desenvolverase durante os días 23 e 24 de agosto en augas da ría de Pontevedra

RECORD DE PARTICIPACIÓN CON MAIS DE 30 EMBARCACIÓNS NA XII REGATA DE CRUCEIROS TROFEO HOTEL GALATEA

(25/08/2008) 
Record de participación con máis de 30 embarcacións na XII Regata de Cruceiros Trofeo Hotel Galatea

A proba desenvolverase durante os días 23 e 24 de agosto en augas da ría de Pontevedra

Portonovo, 22 de agosto de 2008.- O Club Náutico de Portonovo celebra este fin de semana a XII edición XII Regata de Cruceiros Club Náutico de Portonovo/Trofeo Hotel Galatea – Oca Hotels, que ano tras ano acerca ata a ría de Pontevedra ás mellores embarcacións da zona, así como da ría de Vigo e Arousa. Durante as mañas do sábado 23 e o domingo 24 disputaranse as dúas regatas costeiras para decidir o campión da nova edición da proba.

Embarcacións das rías de Pontevedra, Arousa e Vigo e clubes como o Club Náutico de Portonovo, o Real Club de Mar de Aguete, o Real Club Náutico de Sanxenxo, o Club Náutico de Beluso, o Club Náutico de Ribeira, o Club Náutico de Cangas, o Real Club Náutico de Vigo, o Club Náutico de Puebla, o Club Náutico de San Vicente do Mar e incluso o Club Náutico de Porto participarán nestos dous días intensos de regata.

En total, 32 cruceiros e preto de 150 participantes daranse cita na ría de Pontevedra para tentar conseguir o trofeo de campión.

A proba está patrocinada principalmente polo Hotel Galatea e Oca Hotels, que o domingo ás 19.00 horas cederán as súas instalacións para a entrega dos trofeos. Ademáis, as empresas Groupama, Gadis, Asnauga e Coca-Cola tamén quixeron facer unha aposta pola tradicional proba pontevedresa.

Sábado 23 - A competición comezará a maña do sábado 23 de agosto ás 12.00 horas, cando os barcos tomarán a saída desde as inmediacións do Club Náutico de Portonovo. Disputarase unha xornada de percorrido costeiro longo.

Domingo 24 - A segunda xornada dará comenzo ás 12.00 horas cunha regata costeira corta. Trala disputa da proba, xa pola tarde, entregaranse os premios ós campións da regata, nas instalacións do Hotel Galatea

o
inf
(c) 2007, Club Náutico Portonovo :: Todos os dereitos reservados
 


caixanova

gadis

chicolino

rodman

Casino La Toja

galatea