nautico portonovo
galego  español  english
portonovo

        Rúa Rafael Picó, 44
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)
       Tel. +34 986 723 266
       FAX +34 986 724 175
       e-mail
       Porto Deportivo
       Muelle del Chasco s/n
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)

O Club Situación do Club Colaboradores Servizos do Club Actividades Novas Regatas Amarres Embarcacións Ocasión Lexislación-Apuntes Galería fotográfica Tenda Enlaces Web-Cam O Tempo

O Club Náutico Portonovo

Historia do Club

O Club Náutico de Portonovo foi fundado o 15 de agosto de 1992 nunha asemblea celebrada nos locais da lonxa de Portonovo por corenta persoas afeccionadas ós deportes náuticos, co anceio de fomentalos na zona. Está ubicado na localidade pontevedresa de Portonovo, municipio de Sanxenxo. O seu primeiro presidente foi D. Juan Salle Barreiro Pérez.

Foi desde o inicio unha sociedade moi apegada a Portonovo coa pretensión de servir de lugar de encontro dos seus habitantes cos socios que chegan de fóra unidos por unha mesma paixón: o mar. O Náutico adoptou como gallardete o escudo de Portonovo: dous remos cruzados sobre unha cruz amarela e branca con fondo azul.

Comenzou cun servicio de bote durante os meses de verán pero o incremento de socios e por tanto de demanda fixeron preciso amplialo ós doce meses do ano.

Os seus fins fundacionais son, entre outros, a potenciación na sua área de influencia dos deportes náuticos, moi especialmente a vela, a pesca e o buceo que contan coas suas respectivas seccións deportivas, federadas xa as de vela e actividades subacuáticas.

Na actualidade, o Club Náutico conta con mais de 330 socios entre fundadores de número e familiares,e unha flota de 160 embarcacións. Ten mariñeiria , e vixiancia todo o ano. A sede social provisional está ubicada na rúa Rafael Picó 44, 1º . Mantense aberta todo o ano.

Desde 1993 unha escola de vela tenta consolidar este deporte entre os máis novos. A flota da que dispón o Náutico é de trece embarcacións: 7 optimist, 4 cadetes, un raquero e dúas embarcacións neumáticas auxiliares.

No marco das competicións de vela de crucero, o Club comenzou no ano 1996, no mes de agosto, coa regata Trofeo Hotel Galatea, de dous dias de duración incluida no calendario da Federación Galega de Vela., aumentando paulatinamente as as activaidades de vela ata actualidade, na que organizan aperte da Regata Galatea, o Trofeo Casino La Toja, Trofeo Enmacosa, Semana Naval Ría de Pontevedra.

A principios do 2002 creouse a sección de actividades subacuáticas na que se imparten clases de buceo recrativo, dotada con materia suficiente para realizar esta actividade, dende botellas, equipos autónomos a compresorColtri MCH 16 estándar. 

 

 

o
inf
(c) 2007, Club Náutico Portonovo :: Todos os dereitos reservados
 


gadis

chicolino

rodman

valiant

Casino La Toja

galatea