nautico portonovo
galego  español  english
portonovo

        Rúa Rafael Picó, 44
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)
       Tel. +34 986 723 266
       FAX +34 986 724 175
       e-mail
       Porto Deportivo
       Muelle del Chasco s/n
       36970 Portonovo
       Pontevedra (ESPAÑA)

O Club Situación do Club Colaboradores Servizos do Club Actividades Novas Regatas Amarres Embarcacións Ocasión Lexislación-Apuntes Galería fotográfica Tenda Enlaces Web-Cam O Tempo

Lexislación - Apuntes

Pesca Submarina

Qué non se pode facer

  • Obstaculiza-las tarefas da pesca profesional. Manter unha distancia mínima de 100 m. das embarcacións e artes profesionais.
  • Pescar en canles de acceso a portos e ó seu interior, e a menos de 250m de lugares frecuentados por bañistas.
  • Pescar entre a posta e a saída do sol.
  • Comercializa-las capturas.
  • Pescar máis de 5 Kg. Por pescador e día ou 25 por embarcación.

LEMBRA

Asemade da documentación precisa, é obrigatorio levar unha boia de sinalización de superficie e a bandeira alfa na embarcación (ademais das titulacións pertinentes e o seguro obrigatorio).

En Galicia existen zonas de pesca ceibes, prohibidas e reservada. Infórmate no teu club FEGAS ou nas Delegacións da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Pide o teu exemplar DE BALDE de "Pesca recreativa en Galicia", onde tamén encontrarás a lista de especies e tallas permitidas.

A ética deportiva impón ter unha convivencia cordial cos profesionais do mar.

É axeitado recibir instruccións sobre primeiros auxilios e accidentes no medio mariño.

A pesca submarina é a modalidade máis selectiva que existe. Practícase a pulmón libre (apnea) e é respectuosa coa natureza do medio mariño.

Si a túa paixón é a pesca submarina e che gusta o mar, non dubides en contactar con nos para que che contemos todo o que te podemos ofrecer.

Fedérate a través de calquera club de Galicia, ademais de cubrir o teu seguro obrigatorio, poderás competir e estarás continuamente informado de todo o que suceda arredor da pesca submarina a través da revista ESPACIO SUBMARINO.

Documentación

A documentación obrigatoria para practicar este deporte, é a licencia de pesca recreativa subacuática. Para tramita-lo precisarás: un certificado médico, DNI ou pasaporte, LICENCIA FEDERATIVA (ou licencia de armas e/ou póliza de seguro de accidentes) e xustificante de que se pagou a taxa correspondente.

Consigue a túa licencia federativa no teu club ou na propia federación.

A documentación pódese tramitar en calquera club inscrito na federación galega.

 

o
inf
(c) 2007, Club Náutico Portonovo :: Todos os dereitos reservados
 


gadis

chicolino

rodman

valiant

Casino La Toja

galatea