|
Actividades
Vela
Escola de vela lixeira
O Club náutico de Portonovo ten entre os seus fins fomentar, desde a súa fundación, o deporte da vela, intentando crear canteira e afección entre os máis novos, acercándoos ó mundo da náutica.
Para eso, imparte cursiños de vela lixeira, fundamentalmente nos meses de xullo e agosto, cunha pequena flota composta por 6 optimist, 4 cadetes, un raquero e dúas embracacións neumáticas auxiliares.
Os cursiños, impartidos por monitores especializados e titulados, teñen unha duración media de 20 horas, de luns a venres, en horario de mañá e tarde.

|