Actividades
Escola Galega de Mergullo (FEDAS)
Cursos de buceo recreativo
Estes cursos pretenden acerca-la técnica do buceo con escafandra autónoma ó afeccionado.
Títulos da ESCUELA NACIONAL DE BUCEO AUTONOMO DEPORTIVO (E.N.B.A.D.), dependente da FEDERACION ESPAÑOLA DE ACTIVIDADES SUBACUATICAS (F.E.D.A.S.) pertencente o CONSEJO SUPERIOR DEL DEPORTE e integrada na CONFEDERACION MUNDIAL DE ACTIVIDADES SUBACUATICAS (C.M.A.S.), de validez mundial.
MERGULLADOR 1 ESTRELA
Impártense materias teóricas e prácticas para moverse con seguridade na auga e mergullo con escafandra.
Este título habilita para practicar buceo autónomo deportivo ata a profundidade de 20 m .
O curso, consta de 5 sesions teóricas e 10 sesions prácticas, das cales 5 soen ser en piscina e as outras 5 en mar.
Clases de 90 minutos aproximadamente, con un total de 20 horas de formación aproximadamente.
MERGULLADOR 2 ESTRELAS
Tamén denominado 2ª clase
Autoriza o mergullo ata os 40m. de profundidade.
O curso, consta de 7 sesions teóricas e 11 sesions prácticas, das cales 6 soen ser en piscina e as outras 5 en mar. Dentro deste curso incluese o buceo nocturno.
Clases de 120 minutos aproximadamente, con un total de 40 horas de formación aproximadamente.
Para obter este título deberase estar en posesión do B1E (buceador uva estrela)

|